Ponti, C., Blas y el castillo de ani versario, tradutora Margarida Trias, ilust. Claude Ponti, Barcelona: Editorial Corimbo, 2005 [48 páxinas] (ISBN: 978-84-8470-209-2)
Breve descrición do formato e contido. É un libro ilustrado de cartoné de dimensións 38 x 27 cm. Na portada, ademais do título, unha imaxe que ocupa toda a portada escenifica algo que podemos atopar no interior do libro; a escena dos pitos preparando a torta. As ilustracións son as protagonistas do libro, ocupando a maior parte da folla, mentres que o texto se sitúa debaixo da imaxe (fora de ela) en letra mecánica. As imaxes representan todo o que acontece nun texto con cores vivas, e o propio texto nos indica que miremos as imaxes en numerosas ocasións para observar algunha acción ou personaxe.
O libro trata de aniversarios, de como preparar unha festa, de receitas (fan unha torta), de amizade, e ademais, nas páxinas 38 e 39 aparecen numerosas personaxes doutras historias de obras literarias co que podemos achegarnos a outras historias a partir desta.
Como recursos asociados atopados, para traballar unha lingua estranxeira, este documento https://katheswecophe-firebaseapp.com/295146481975337.pdf onde atopamos o texto e o audio en inglés.
Autoría. Festeiras (Icía Domínguez González, Irene González Ibáñez y Laura Juanatey Martínez)
No hay comentarios:
Publicar un comentario