Muñoz Puelles, V. Nenas e nenos de todo o mundo, ilustr. María Espluga, A Coruña: Baía. (+ 5 años), 2006, [32 pp.] (ISBN: 84-96526- 54-2)
Descrición
do formato e o contido: Este libro, clasificado dentro da
literatura infantil e xuvenil, da a coñecer a experiencia dun neno (Vicente) no
seu primeiro día de colexio. Ao chegar, síntese só mais non é o único, tamén
Tutune unha nena africana que ten esa mesma sensación. A pesar de estar
rodeados doutros nenos, botan a chorar desgustados. Neses instantes, fíxanse un
no outro e acércanse para coñecerse. Mediante os diferentes nenos que vemos
ilustrados dunha forma delicada e expresións moi características, móstranse as
diversas culturas existentes na aula. É destacable o feito de empregar o plano
cenital para presentar cada escena, xa que nos da unha perspectiva e visión
dende un ángulo totalmente diferente ao que estamos acostumados a ver nos
libros.
Potencialidades:
Unha
vez máis, atopámonos ante unha obra que trata a integración e a presenza das
diversas culturas no mundo. Todos tan diferentes, pero tan iguais ao mesmo
tempo. A historia desenvólvese nun espazo como é a aula, no que os/as
alumnos/as pódense ver perfectamente identificados a través dunha vivencia tan
común nos pequenos.
Etiquetas: Diversidade
cultural, multiculturalidade, integración.
Autoría: Prímulas:
Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario