Ribeiro, Elvira, Maruja
Mallo, ilust. Eva Agra, Santiago de Compostela: Urco Editora, 2017, col. "Mulleres bravas da historia" [32
pp.], (ISBN: 978-84-16121-823).
Breve descrición do formato e contido: Libro infantil
ilustrado de tapas brandas que presenta na súa cuberta unha imaxe de Maruja
Mallo rodeada de espigas que nos fai recordar a súa obra “O canto das espigas”.
As súas ilustracións interiores son de carácter figurativo con cores vivos,
ocupando ambas páxinas nas que van representando momentos da vida de Maruja
Mallo desde a súa infancia ata a súa etapa adulta. O texto está narrado en
terceira persoa, onde a narración aparece sempre nun recadro de color malva e
en ocasión recadros pequenos de cor verde para aclarar algún termo. Este libro
representa un dos libros da colección “Mulleres bravas da nosa historia”. O
argumento trata de cómo foi transcorrendo a vida de Maruja, aínda que o seu
nome real é Ana María. Así mesmo relátase o seu traslado en 1922 a Madrid coa súa
familia e entra a estudar na Real Academia de Belas Artes, coincidindo con
Salvador Dalí e se introduce no ambiente do surrealismo e da Xeración do 27.
Potencialidades da obra: Esta obra ofrece un recurso literario que lles amosa a
nenos e nenas as historias e logros de mulleres, neste caso a de Maruja Mallo,
pero poderiamos introducir outras mulleres que fixeron historia tanto de España
como do mundo. Así mesmo, permite traballar as diferentes profesións e tratar cuestións
relacionadas co xénero das persoas que as exercen.
Recursos de interés:
Proposta didáctica:
Imaxes para futuras propostas didácticas: https://www.pinterest.es/pin/449867450252265002/ https://www.pinterest.es/pin/162622236521301520/
Etiquetas: Mulleres con historia, Maruja Mallo, arte.
Autoría: Mujeres en la historia (Mª Cristina Vidal Martínez,
Andrea García Revuelta, Paula Rey Diz e Helena Lemiña Gómez).
No hay comentarios:
Publicar un comentario