Tortosa, Ana, Coas mans baleiras, ilustr. Cecilia Varela, trad. Laura Rubio, Pontevedra: OQO editora, col. O, 2010,[36pp.], ISBN: 978-84-9871-236-0.

As formas redondeadas e unha ampla paleta de cores pasteis danlle corpo á proposta ilustrativa das páxinas interiores, que amplifican o universo mariñeiro desta obra. Ao mesmo tempo que favorecen a comprensión do relato recollido no texto, introducen novos elementos que intensifican o carácter lúdico desta historia como é ese polbo que ocupa diferentes posicións e funcións. A partir da entrada dun narrador en terceira persoa a nena protagonista asume a voz que trasmite esta historia que recende a mar. Alba vai á casa do seu amigo Mario que está de aniversario. De camiño busca algún agasallo, pero dáse conta de que o seu amigo ten todo o que se lle ocorre. Polo que chega sen nada, ao que Mario lle responde que ela é o mellor agasallo.
A tipografía varia no seu tamaño en función da importancia que a autora dálle ás palabras.
Potencialidades de la obra para educación infantil: Este álbum serve para facer fincapé na importancia do cariño e a amizade e non tanto nas cousas materiais.
Autoras: SQRUPS (Ángela López Ferradás, Miriam Rodríguez Martínez, Valeria Vázquez Martiñán, Laura Veiga Darriba).
No hay comentarios:
Publicar un comentario