sábado, 7 de abril de 2018

Á sombra dos Anacardios


Fortes Antón; Á sombra dos AnacardiosMulazzani Simona (ilust.), Pontevedra: OQO
Editora,2010, [40 pp.] ISBN: 978-84-9871-284-1

Breve descrición do formato e contido:

Álbum ilustrado con encadernación en cartoné que amosa na portada á protagonista
abrazada á súa árbore. Un conto que mostra claras metáforas nas cubertas forradas de
pintura amarela con corazóns do revés que semellan gotas de sangue (que gardan unha
forte relación simbólica coa SIDA). Esto tamén aparece ó final do libro pero, desta vez,
topámonos con corazóns. Xa non simboliza gotas de sangue, polo que, podemos dicir
que sofre unha evolución cara a esperanza.
Neste álbum unha nena de Guinea Bissau, en África, relata cómo é a súa vida cotiá, o
que sente ó transcorrer da vida baixo a súa árbore preferida; unha vida marcada baixo a
alongada sombra da SIDA.

Potencialidades educativas:

Trata o medo á morte. Amosa a incerteza con respecto o que vai acontecer. Coñecemos
de primeira man o tratamento que se lle da á SIDA e a diferentes afeccións. Ofrece un
punto de vista sensibilizado co tema da pobreza e da transmisión de enfermidades en
África.

Recursos de interese:

En Youtube podemos atopar unha experiencia realizada con esta obra nunha aula:

https://www.youtube.com/watch?v=_wj2bvlJVgs .

Na páxina 8 do seguinte enlace atopamos unha crítica á obra:

http://temposdixital.com/td/protexta/protexta16.pdf

Etiquetas: Álbum ilustrado, esperanza, enfermidade, SIDA, Tema tabú, Antón Fortes,
OQO Editora.

Autoría: As vangardas (Samantha Mulloni, Cristina Martínez Piñeiro, Raquel Órdoñez,
Luis Lois Carro)

No hay comentarios:

Publicar un comentario