miércoles, 28 de marzo de 2018

Julio tiene miedo a la oscuridad

Lamblin, Christian, Julio tiene miedo a la oscuridad, ilust. Régis Faller e Charlotte Roederer, Zaragoza: Luis Vives (Edelvives), col. “Leer juntos”, 2000, [22 pp.], (ISBN: 84-263-4579-4).


Breve descrición do formato e contido. Álbum ilustrado de tapas duras, formato case cadrado (20x17) e follas brandas que recolle as experiencias de Julio, quen sofre pavor ante a escuridade. Na cuberta encóntrase a ilustración do rapaz protagonista con cara de medo e apuntando cunha lanterna a escuridade. Na contracuberta aparecen os títulos doutros libros da colección e faise unha breve presentación dos seus personaxes centrais. Durante todo o álbum as imaxes están enmarcadas sobre un fondo branco e mesturadas co texto, cuxa narración e diálogos están introducidos en bocadillos ou globos. As imaxes complementarias do discurso textual teñen variedade de cores e a letra rexístrase en dous tamaños: maior para a narración e máis pequena nos diálogos dos persoaxes (sobre todo en letra minúscula).


No que se refire á historia que recolle este álbum, cómpre sinalar que un narrador en terceira persoa conta as experiencias de Julio co medo. Nun principio o temor á escuridade fai que prenda todas as luces e vixie todos os ocos sen luz da súa casa, pero grazas a unha fórmula máxica e unha arma que lle dá o seu tío José, que tamén tivo o mesmo temor cando era pequeno, acaba por vencer o seu medo, aínda que, nun xesto solidario, fai que a arma quede a disposición doutra rapaza para superar os seus temores.

Potencialidades educativas. Esta historia permite levar á aula non só a aprendizaxe de que é posible vencer o medo á escuridade, tan propio da idade infantil, senón que é factible trasladar este feito a calquera outro temor. Ademais propicia normalizar o tema dos medos, xa que non só os nenos e as nenas o teñen, senón que, tal e como retrata a historia, tamén os adultos os sofren, polo que se normaliza e posibilita que os nenos e as nenas se decidan a explicar os seus e a facer algo por vencelos. Ademais este álbum fai diferentes propostas sobre outros títulos da colección que tratan pequenos problemas que poderían aparecer na etapa infantil e que se poderían tratar nas aulas.

Autoría. Contistas (A. Martínez (P), A. Ramiro, N. Reyes, B. Sierra).

No hay comentarios:

Publicar un comentario