Rius, Roser, Ana no quiere ir al cole, ilust, María Riusa, trad. Teresa Tellechea, Editorial SM 2005, col. Cuentos para sentir , [32pp.] (ISBN: 978-84-67508-40-68)
A obra está editada nun formato cadrado de tapa dura, que dende a cuberta xa nos avanza información a través do título. O relato está narrado en terceira persoa a través dun narrador hetereodiexético, así como en primeira persoa coa presenza de textos dialogados, os cales sosteñen a carga máis expresiva da historia. Desenvólvese nunha estrutura lineal coa súa introdución, nó e desenlace. O discurso textual é sinxelo, escrito en letra maiúscula e de forma redondeada. O texto interior non está presente en todas as páxinas xa que se vai intercalando con imaxes complementarias, que aportan unha maior riqueza á historia. As ilustracións son realistas de gran tamaño con deseños coloristas, ocupando a metade da páxina ou incluso unha enteira, con certos toques humorísticos xerando unha gran riqueza visual.
Potencialidades. Con este conto podemos abordar a temática dos celos, vendo o cambio radical que ten Ana polo nacemento da súa irmá. Con esta historia as familias daranse conta do coidado que teñen que ter á hora de actuar coa filla maior, xa que non se pode deixar de lado a aquela rapaza ou rapaz que anteriormente era o centro de atención. Polo que neste conto axuda as familias a poder ter unha mellor actuación. Por outro lado, pódese traballar cos cativos e cativas a normalización de ter un irmán ou irmá, os sentimentos e a expresión e control das emocións.
Os celos duplícanse mais en idades temperás polo que este álbum é moi axeitado para levar as aulas de educación infantil, na cal pódese traballar partindo do control emocional.
Recursos:
Vídeo cuento sin narrador:
Actividades:
Grupo conflitos persoais: Nuria Castiñeira Rodriguez, Sandra Dapena Hortas, Sheila Domínguez Da Costa, Carmen Eiras Conde, Sara Fernández Luna e Silvia Fraguas Juncal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario